Ábrete mundo.

eleccións

Ando con dúbidas sobre que votar nas #eleccións municipais coruñesas.

Aos candidatos da Marea os vexo con un perfil pouco axeitado para a xestión municipal, algo brandiños (en canto a habilidades técnicas), e en realidade xa non son a coalición que gobernou o concello, que incluía a Podemos Esquerda Unida, Anova e outros, só son unha parte daquela coalición polo que a súa candidatura co nome de Marea non deixa de ter un punto de inautenticidade.

Alternativa nos Veciños ten o seu punto de interés pola referencia do modelo oleirense. Porem, a sua cabeza de candidatura estivo en Ciudadanos, o que o fai un tanto dubidoso, e o precedente do mal papel dos concelleiros de Alternativa dos Veciños en Sada non é un bó precedente, aínda que xa se sabe que a política local sadense senpre é especialmente tormentosa.

Os candidatos de Unidas Podemos seméllanme máis potentes que os da Marea, cun perfil máis xestor, e o BNG ofrece certas garantías de eficacia (esa eficacia BNG que emparenta coa eficacia bolchevique), así que entre esas dous opcións estaría o meu voto.

Como non son nacionalista preferiría Unidas Podemos, pero teño dúbidas de se serán quen de sacar algún concelleiro, xa sabedes, o problema do voto útil, se non sacan ningún sentiría que o meu voto se tería perdido en beneficio da dereita. Así que arestora sigo a dubidar entre BNG e Unidas Podemos.