Cristianerías.

crentesgalegos

No ámbito da Coordinadora de Crentes Galegos propúsose reflexionar sobre o tema “Vivir en rempos de incerteza” e aquí vai a miña reflexión.

O sentimento de incerteza está moi presente neste tempo, temos sensación de precariedade tanto no eido persoal como, colectiva como eclesial. Pode ser útil abordar estas diferentes categorías de incerteza ou sentimento de precariedade de forma separada.

Precariedade persoal:

As condicións de traballo se tornaron moito máis volátiles. Os que nos integramos na vida adulta depois de rematar o período dos Trinta Gloriosos, educados cos esquemas dos Trinta Gloriosos, adoitamos ter que afrontar sentimentos de frustración e que afrontar traxectoriuas económicas e sociais minguantes que experimentamos como unha situación decadente, de constante amenaza económica e condificultades para a creación e mantemento dun proxecto de vida. As xeracións posteriores, milenials e xeración Z, xa creceron nunha sociedade neoliberal e inestable, o que deixa unha pegada no seu carácter que frecuentemente é causa dunha persistente tristura da mocidade, cando non de mala saude mental.

O traballador precario pasa a vida pedindo: pedindo traballo, pedindo que llo paguen, pedindo formación, pedindo axudas…Pedindo e recibindo “nons”, o proceso de procura de emprego é un proceso terrible no que o desempregado e ignorado e rexeitado unha e outra vez. Na cultura actual se fai ao precario responsable da súa situación por aplicación das doutriñas do pensamento positivo, a Lei da Atracción, Mr. Wonderfull ou o discurso meritocrático. Así se vai xerando no desempregado ou o mal empregado un sentimento de inadecuación, o sustitutivo contemporaneo do vello sentimiento de culpa. Fronte a ese sentimiento enfermante e desmotivador, o cristianismo debe proclamar a mensaxe da aceptación de Deus, de o recoñecemento por Deus do valor das súas criaturas e o seu poder sanador e redentor, de que Deus non se comporta como unha ETT ou como Infojobs, sempre hai postos dispoñibles na viña do señor e Deus sempre di si.

Se pode mirar o lado positivo da precariedade, pode servir para desvestirse de falsas seguridades que nos levan a adorar ídolos como o Status ou o Confort ou o Éxito, a pensar que polos nosos propios medios podemos ter as cousas baixo control, sentimentos enganosos que fan máis difícil a experiencia de Deus. Un pouco na liña do mantra contemporaneo de que non existen problemas se non oportunidades. Pero acolléndome nas ensinanzas so Libro de Xob non vou caer niso, nese optimismo obligatorio que hoxe en día nos envenena, da obriga de sorrir. Cando ás cousas lle foron mal a Xob el estaba ben amolado, ben adoecido e incluso un pouco enfadado con Deus, fronte a iso os seus amigos benpensantes (como predicadores do pensamento positivo avant la letre) insistíanlle en que debía abandonar esa actitude, que se Deus o decidira así tiña que aceptar a súa situación con resignación e estoicismo. Porén, ao final do libro, Deus mesmo revelaba que era a actitude de Xob a correcta, reveladora dunha relación cercana e sá con Deus. Así é que, si estamos amolados coa precariedade non temos que reprimir ese sentimento, podemos recoñecer ese sentimento se ter que reprimilo coste o que coste.

Cabe un cuestionamiento da figura do precario e de feito é doado atoparse con ese tipo de valoracións ¿Queixase de vicio? ¿O seu non é nada comparado coa situación dos auténticos pobres? Creo que hai que fuxir dunha certa idea de pobre que se cultiva no catolicismo, un pobre de peluche que se usa como exemplo, como fetiche moral e que sempre é un outro, un pobre no que nas homilías das parroquias se refieren sempre como un “eles”, dando por sentado de que o “nos” dos membros da parroquia non é pobre. Ese pobre ideal servíu en tempos para excluir a solidaridade das igrexas coa clase obreira (que non eran identificables con eses pobres de peluche idealizados), e agora tamén deixa fora aos precarios, novos empobrecidos, o que supoñe un uso perverso desta figura mítica católica do pobre ideal. Ademáis a figura do pobre de peluche desempodera ao pobre, que aparece como un suxeito pasivo sobre o que opera caritativamente gran “nos” da feligresía católica acomodada. Non é de extrañar que os pobres (e os precarios, e os buscavidas) de latinoamérica optasen polo pentecostalismo.

Sen dúbida fan falla grandes cambios no sistema económico e cultural para afrontar o problema da precariedade, mellorar as condicións laborais con mellora na condición legal dos traballadores, potenciación do sector público en liña coa restructuración verde do sistema productivo, redimensionar e mellorar a calidade das empresas empregadoras, a Renta Básica Cidadá… E no eido cultural, disminuir a influencia de pensamentos máxicos culpabilizantes como o pensamento positivo e as distintas supersticións dirixidas a acadar o éxito, eido no que as igrexas cristiás teñen bastante que dicir, pois semella que o “De correctione rusticorum” de San Martiño de Dumio volve a ter vixencia.

Incerteza colectiva:

A pandemia aumentou a nosa sensación de vulnerabilidad colectiva, ver desaparecer nos supermercados as botellas de lixivia foi dabondo para derrubar a sensación de abundancia, de que o noso sistema productivo é poderoso e pode con calquera dificultade.

A guerra de Ucraina trouxo de volta o medo ao holocausto nuclear, que xa críamos ter deixado atrás. Tamén nos ofrece unha imaxe de febleza da Unión Europea, que semella pouco máis que un balón de futbol no xogo entre Estados Unidos, a Federación Rusa e China, un xogo que pode resultar bastante perigoso, facéndonos dubidar das posibilidades dunha Unión Europea independente nas próximas décadas.

A inflación amenaza os nosos grandes ou magros patrimonios e sentimos a amenaza da depauperación.

Sen dúbida nunca houbo tempos tranquilos, o mundo sempre está máis ou menos en crise e se cadra cando un é novo se tolera mellor esa imprevisibilidade, pero semella que o xogo xeopolítico está cambiando, que se están reartindo novas cartas e non sabemos se as nosas van ser boas, malas ou peores. Preguemos polo mundo.

Precariedade eclesial:

E se hai ámbito no que os cambios culturais son especialmente impactantes é no cristianismo. As parroquias católicas minguan en asistencia e aumentan en media de idade. As comunidades de base cristiás progresistas tamén minguan e non atopan unha maneira de estar presente na sociedade e na vida do Pobo de Deus que resulte fructífera, as organizacións relixiosas reaccionarias parecen manterse e incluso crecer, funcionando como refuxio cultural da reacción e o patriarcado fronte a un mundo cambiante, como axentes de guerra cultural, pero desnaturalizándose tendendo a un cristianismo cultural valeiro de espiritualidade e experiencia relixiosa, viciono que tamén pode caer o cristianismo progresista. As igrexas cristiás galegas de denominacións non romanas fornécense en grande medida de fieis extranxeiros e non consiguen alcanzar aos nativos galegos e españois, que as ven como igrexas-guetto inaxeitadas para un ibérico nativo, independentemente da maior ou menor proximidade doutrinal ou eclesiolóxica, nun exercicio deficiente da liberdade relixiosa, froito da supervivencia dun prexuizo arrastrado do nacional-católicismo e incluso do antigo réxime absolutista, que asocia confesión e etnia.

¿O declive do cristianismo solucionaríase se as institucións cristiás fosen mási abertas, se aceptasen a ordenación de mulleres e home casados, se acollesen sen problema aos fieis LGTB? Pois non creo (ou polo menos non é a panacea), porque hai denominacións que teñen esas características, igrexas igualitarias e incluintes, que non é que se estean desbordando de novos fieis. O seu compromiso coa igualdade e a democracia interna é de xustiza pero non ten unha recompensa rechamante, polo que semella que o declive do cristianismo ten, ou tamén ten, outros motivos. Creo que por unha banda hai un momento baixo da espiritualidade, o sentimento espiritual é efizcazmente sofocado ou substituido por outras maneiras de estar no mundo, o presentismo (“hai que vivir o presente, o momento presente é o único real”), o consumismo, o cientifismo excluyente doutras formas de coñecemento (ata das humanidades nalgúns casos), a cultura da distración, que reprime pensamentos complicados mantendo a cabeza entretida, o esgotamento laboral, a doutriña da autodisciplina do control de pensamentos… E por outra banda, hai certo crecemento secundario de espiritualidades individuais, como a constelación da Nova Era, a Lei da Atracción, certas formas de coaching, a Wicca, etc, fronte a espiritualidades colectivas, ou sexa relixións, dada a desconfianza da nosa cultura individualista hacia calquera clase de organización.

Se pode comparar a situación actual da Igrexa, do cristianismo, co exilio Babilónico descrito en varios libros do Antigo Testamento ¿É unha fase pola que o cristianismo debe pasar para liberarse de certos condicionamientos, como o carácter identitario ou para superar a configuración como igrexa constantiniana? ¿É a maneira en que o cristianismo fai o tránsito de Occidente hacia unha nova forma de civilización?

Ás veces contrapoñemos a idea da Igrexa-Pobo de Deus á de Igrexa-institución, marcando a nosa preferencia pola primeira e dicindo que a segunda só é unha parte da Igrexa-Pobo de Deus, un concepto máis flexible e tamén máis difuso. A diferenciación é correcta, pero a vida dos fieis, sendo o cristianismo unha relixión enmimentemente colectiva, ten que artellarse en organizacións concretas, máis ou menos grandes, con ou sen NIF, con formas de organización diferentes segundo a cultura do entorno no que nacen e as conviccións dos seus membros. De maneira que non é válido pensar que entorno da Igrexa Católica Apostólica e Romana, igrexa institución, e incluindo a esta, está o espazo a modo de aureola do Pobo de Deus. No espazo do Pobo de Deus, da Igrexa Universal, hai moitas outras organizacións distintas, algunhas grandes como a ICAR, e outras pequenas, seguramente como algunhas organizacións do ámbeto de Redes Cristianas que é dubidoso que podan considerarse como parte da ICAR, por máis que só miren cara ela. Nese espazo do Pobo de Deus se cadra tamén hai individuos alleos a calquera organización, pero tendo en conta o carácter colectivo do cristianismo, semella unha condición moi incerta, infructuosa e tendente a desconexión, semella máis axeitado participar da actividade de algunha ou varias das organizacións, manifestación tanxible da Igrexa Universal. Entendo que facer Igrexa e conectar cristiáns e organizacións cristiás para xuntos orar, dar culto a Deus e anunciar a mensaxe de Xesús.

A pesar da fase baixa da espiritualidade e especialmente da espiritualidade colectiva, aínda hai cousas que se poden facer, formar colectivos cristiáns que ofrezan a sociedade formas diversas de ser cristián, inculturizadas nas diferentes sensibilidades e, estando a sensibilidade tradicional ben cuberta pola ICAR e as igrexas evanxélicas conservadoras, dirixíndose especialmente as sensibilidades culturais progresistas e alleas aos roles tradicionais de xénero e outro tipo. Para exercer como cristiáns compre non limitarse ao activismo e aos procesos de deliberación, se non que compre cultivar a oración e o culto, valéndose para tal fin de todo o acervo, a “caixa de ferramentas”, da Igrexa Católica e sen desbotar as ferramentas desenvolvidas por outras denominacións cristiás. Os cristiáns de tradición ou orixes romanos temos a inercia de considerar que o oficio eucarístico é o único acto de culto, e para celebrar a eucaristía é preciso un técnico sacramental, é dicir un presbítero (así é na tradición católico romana, ortodoxa e da primeira reforma protestante, creo que non na Sociedade dos Amigos e no anabautismo), así, se non hai un cura diante, en reunións de cristiáns parece que nos da reparo facer incluso unha oracón sinxela. Pero o certo e que hai moitas máis formas de culto a parte do oficio de eucaristía, no ámbito católico a litúrxia das horas e o rosario, noutras denominacións os seus equivalentes no Libro de Oración Común (case un manual de fagao vostede mesmo litúrxico) ou a litúrxia das igrexas pentecostais, ou a oración silenciosa cuáquera. Na Igrexa cada vez máis precaria, será necesario que o fiel cristiá adquira este tipo de habilidades sacerdotais, sair do tradicional rol de espectador e retomar a idea de sacerdocio universal (sen necesidade de confundir sacerdocio con presbiterado), practicando e sendo quen de oficiar liturxias non sacramentais, explorando as posibilidades do rito para a experiencia espiritual ou polo menos para crear emoción relixiosa.

Non creo que sexa posible sair no medio plazo da precariedade eclesial, pola contra creo que se intensificará, pero si se poden facer cousas para navegar por esa precariedade facendo rede, superando prexuizos, evitando adanismos, afondando no sacerdocio universal, experimentando co rito litúrxico, facendo rede, detectando afinidades doctrinais, eclesiolóxicas e estéticas para facer unión, formando nodos orantes na rede cristiá.

#cristianismo #precariedade #crentesgalegos